CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Uns pais cun fillo de un ano cun tumor piden máis recursos para a investigación contra o cancro infantil

Publicado o 19/11/2015 20:50






Os pais dun neno de Ourense cun neuroblastoma, un tumor pouco común, piden máis recursos contra o cancro infantil. O neno ten 16 meses e os proxenitores desenvolveron varias iniciativas para recadar cartos que destinarán a investigación. Queren evitar que máis cativos sufran o que está a padecer Nico.

A Nico detectáronlle con nove meses un tumor de dez centímetros.

"E aí empezamos todo, incrédulos, impactados, a familia toda desfeita, un tumor? como vai ter o neno un tumor?"

Un neuroblastoma, diagnosticáronlle, o 7 por cento dos cancros infantís. Sete meses despois o cativo pasou por unha complicada operación no hospital madrileño de La Paz, numerosas sesións de quimioterapia e moitas probas moi dolorosas.

"Eses días foron horríbles porque entre que asimilas que pode ter un cancro, que non sabes a que te estás enfrontando, se ten metástase... non sabes nada"

E comezaron a informarse á vez que coidaban de Nico e souberon que dende o ano 2000 non aumentaron os índices de supervivencia do cancro infantil.

"Porque non hai financiamento, como o cancro infantil hai menos dun caso de cancro infantil por cada cen de adulto o financiamento vai case todo para cancro de adulto a industria farmaceútica investiga o de adulto tamén, os nenos non son rendibles, hai só 14 cancros cada mil nenos"

Por iso decidiron mobilizarse e abriron varias contas nas redes sociais para dar a coñecer a loita de Nico contra o cancro e recadar máis fondos para investigación.

"Pois xa que nos tocou vivir esta situación, intentar facer algo para cambiar iso"
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí