CRTVG

Buscar

Uns mergulladores "tropezan" cun xabaril en Malpica

Publicado o 01/11/2019 14:15

Cando volvían dunha sesión de inmersión un grupo de mergulladores dunha escola de Malpica viron unha forma extraña na auga. Ao achegarse descubriron que se trataba dun xabarín que nadaba cara a costa na zona dos muíños, en Cerqueda.

Unha posible explicación para estas imaxes é que onte houbo unha batida de caza de xabarín e pensan que quizais os cazadores acurralaron ao animal que tentou escapar tirándose ao mar. E todo apunta a que a estratexia deu resultado, xa que os mergulladores puideron comprobar como chegaba e se subía a unhas rochas pra descansar, xa moi preto da costa. O video que gravaron do xabarían nadador estase a facer viral nas redes sociais

Noticias web

01/11/2019