CRTVG

Buscar

Uns mariñeiros avistan un grupo de candorcas á entrada da ría de Muros

Publicado o 07/12/2017 10:09

Avistan un grupo de orcas á entrada da ría de Muros. Graváronas os mariñeiros dun barco de Portosín. Aseguran que este mes xa as viran máis veces pero que nunca as tiveran tan preto.

O Romina Segundo navega a catro ou cinco millas da costa, á altura de Monte Louro, cando a tripulación ve algo raro na proa. No que levamos de mes, xa viron orcas varias veces, pero nunca as tiveron tan preto como para conseguir gravalas. Así que agora preparan a cámara por se acaso a sorte se repite.Os mariñeiros din que serían unhas oito orcas coas súas crías. 

A finais de setembro avistouse xa un grupo de Orcas en Sesimbra, na costa portuguesa. Puidemos velas nun vídeo que publicou daquela a empresa Bolhas Tours. É posible que os exemplares gravados nas últimas horas en Galicia pertenzan ó mesmo grupo. En todo caso, as baleas non nos son estrañas en Galicia.  Os mariñeiros capturábanas preto da costa dende a Idade Media. 18 portos galegos chegaron a dedicarse á caza da balea, que se prolongou ata finais do século XX.En 1985 pecharon as últimas factorías baleeiras de Galicia, a de Caneliñas, en Cee, e a de punta balea, en Cangas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017