Uns ciclistas rescatan un becerro dunha balsa da que non daba saído en Oia
Publicado o 07/08/2020 21:47
Os berros dunhas vacas alertaron a un grupo de ciclistas de que algo pasaba nunha balsa en Oia. Un cuxo loitaba por non afogar nun corgo do que non daba saído. Despois de media hora de varios intentos fallidos, os ciclistas decidiron baleirar un pouco de agua e o becerro aproveitou para saír cara ao rabaño que o agardaba. Un rescate que rematou con final feliz.