CRTVG

Buscar

Uns 64 menores hospitalizados en Nova York por síntomas asociados á COVID-19

Publicado o 07/05/2020 09:17

En Nova York, un total de 64 menores están hospitalizados por unha enfermidade descoñecida relacionada coa COVID-19.

É unha síndrome inflamatoria múltiple con síntomas que se solapan cos da síndrome do shock tóxico e cos da enfermidade de Kawasaki. Nova York é o epicentro da pandemia nos Estados Unidos. Con máis de 25 falecidos, o número de menores afectados é baixo. No caso desta peculiar doenza ningún deles desenvolveu dificultades respiratorias serias, e os tratamentos funcionaron con eficacia.


 

Noticias web

07/05/2020