CRTVG

Buscar

Uns 60 británicos participan en Viveiro nun encontro de veleiros tradicionais escoceses

Publicado o 24/06/2019 14:45

No porto deportivo de Viveiro pódense ollar estes días ata 16 Long Loch. Trátase duns veleiros tradicionais escoceses de madeira, de seis metros e medio de eslora, que foron construídos entre os anos 30 e 40 e dos que actualmente só existen un cento en todo o mundo. Trouxéronos un grupo de 60 británicos para facer regatas pola ría e coñecer Galicia.

Claire Johnson, dona dun Loch Long: "Saímos aquí do náutico, imos fóra á ría e a xente pode ollar das dúas beiras."

Os propietarios dos veleiros xa puideron coñecer Viveiro e esta semana terán oportunidade de visitar a capital galega.

Jeremy Davies, dono dun Loch Long:  "Coñecemos o recinto histórico da vila, que é moi fermoso, e tamén os restaurantes. Pola noite fomos a unha marisquería e probamos case todo, todos os mariscos."

Como despedida para este encontro, o Concello viveirense organizou unha festa galaico-escocesa na que desfilarán gaitas de ambos os dous países.

Noticias web

24/06/2019