CRTVG

Buscar

Uns 60 barcos coruñeses van ter que agardar pola apertura da costeira da xarda

Publicado o 17/03/2019 21:21
Uns 60 barcos coruñeses van ter que agardar pola apertura da costeira da xarda

Uns sesenta barcos coruñeses agardan pola apertura da costeira da xarda. Confiaban en saír o luns cara ao leste do Cantábrico pero, de momento, deberán esperar no porto. O Ministerio de Pesca envioulles este venres un borrador da norma, que cambia os plans que acordaran as confrarías da Coruña.

Estas apostaban por repartir os máis de 510.000 quilos que lles corresponden ao 50 por cento. A metade para pesca accidental e a metade para a dirixida. Porén, Madrid inclúe un repartimento individual por barco, que as confrarías non solicitaran.

Ás confrarías tócalles presentar alegacións. Sen data para saír ao mar, non confían en poder facelo antes do un de abril.

 

 

Noticias web

17/03/2019