CRTVG

Buscar

Uns 50 galegos de Venezuela volven a Galicia grazas ao programa 'Reencontros na casa"

Publicado o 20/06/2019 21:32

Esta tarde chegaron ao aeroporto de Vigo case medio cento de beneficiarios do programa da Secretaría Xeral de Emigración Reencontros na casa. Proceden de Venezuela, un dos países que participan no programa. A chegada á casa fíxose agardar, pero non puido ser máis emocionante.

Esta é a espera das case 50 familias que visten de nervios e emoción o regreso dos seus, de 49 galegos de Venezuela que volven ao país grazas ao programa xa veterano da Xunta de Galicia Reencontros na casa.

Na agarda máis agardada agardan Maribel de Ourense ; María Xosé da Illa da Arousa, e máis e máis nomes anónimos que nos devolven a realidade da emigración, nos mais dos casos traducida en anos de separación.

Agora toca gozar da famila, da terra e de todos iso que un día tiveron que deixar. Sexan benvidas "á súa casiña, seu lar".



 

Noticias web

20/06/2019

Máis sobre actualidade