Uns 4 millóns de unidades de material de protección saen do polígono de Sabón
Publicado o 22/04/2020 15:09
Luvas, batas, e sobre todo, máscaras son cruciais na loita contra o virus. Pois ben, catro millóns de unidades de material de protección contra o coronavirus saíron xa da nave de Jevaso, no polígono de Sabón, en Arteixo.
A empresa téxtil colabora coa Vicepresidencia da Xunta na loxística precisa para facer chegar este material a concellos e residencias de anciáns de toda Galicia. Son máscaras, luvas, batas ou xeles hidroalcólicos, adquiridos en Europa e China pola propia Administración autonómica para entregalos á poboación que máis os precisa.