CRTVG

Buscar

Uns 350 arroaces habitan durante todo o ano no interior das nosas rías

Publicado o 15/08/2018 15:13

E antes dos deportes van ver as imaxes espectaculares que nos deixan os nosos mares. Uns 350 golfiños mulares, que en Galicia chamamos arroaces, habitan durante todo o ano no interior das rías. Pero é no verán, co mar calmo, cando proliferan os avistamentos. Ás veces ofrecen verdadeiros espectáculos acrobáticos inmortalizados en vídeos virais que dan a coñecer no mundo a riqueza das nosas rías.

Navegaban por Arousa cando uns arroaces xoguetóns comezaron co espectáculo de acrobacias... Saltan para pescar, socializar ou simplemente por diversión deixando imaxes que, se algo amosan, é que as nosas rías son un observatorio privilexiado de golfiños.

Neste instituto internacional do Grove encárganse de estudalos, alertando tamén das ameazas que padecen os cetáceos máis carismáticos das nosas rías.

Aconsellan observar os arroaces con respeto e a distancia. O mellor é apagar o motor dos barcos, sobre todo se levan crías, moi vulnerables ás hélices e aos aparellos. E gozar co espectáculo natural que nos regala o verán galego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/08/2018