CRTVG

Buscar

Uns 33.000 agricultores poden solicitar as axudas da PAC antes do 30 de abril

Publicado o 13/02/2018 14:43

 

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas da PAC deste 2018. En total repartiranse 190 millóns de euros entre uns 33.000 beneficiarios. Como novidade, este ano redefínense os pastos permanentes e aumentan as axudas para as zonas con limitacións naturais e os agricultores novos.

Cada ano nestas datas chega o momento de tramitar as axudas da PAC, as máis importantes que recibe o agro galego. Nunha única solicitude poden pedir as achegas europeas ao desenvolvemento rural e os pagos directos á agricultura e á gandería. 

Na convocatoria deste ano os pastos con arboredo ou os arbustivos xa non terán que ter predominancia de herba. Admítense as especies que teñan implantadas, sempre que estas sexan utilizadas para alimentar o gando.  

Por outra banda aumentan considerablemente, de 89 a 179, os concellos nos que os agricultores poden beneficiarse da axuda para zonas con limitacións naturais distintas das de montaña.

Ademais a prima para os agricultores menores de 40 anos aumenta do 25 ao 50% do importe do pago básico. 

Os 33.000 beneficiarios da PAC teñen que facer electronicamente a súa solicitude antes do 30 de abril.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018