CRTVG

Buscar

Uns 300 mariñeiros galegos seguen atrapados en mar aberto pola pandemia

Publicado o 21/07/2020 14:43

Son días de incerteza tanto en terra como no mar. Os teléfonos non deixan de soar e dende Orpagu traballan sen descanso para traer de volta os 300 tripulantes que seguen atrapados en mar aberto.

Persoas que nalgúns casos por mor da pandemia suman xa tres mareas seguidas, co que iso supón a nivel físico e psicolóxico.

E ante esta situación excepcional, moitos decidiron mover os barcos coas súas tripulacións. De feito, unha ducia deles xa navega cara á península para poder pisar terra.

Pero aínda son moitos os mariñeiros que non saben cando volverán á casa. En terra agardan as súas familias e os compañeiros que coma eles teñen que regresar ao mar.

Noticias web

21/07/2020