CRTVG

Buscar

Uns 78.000 fogares galegos permanecen sen luz a causa do temporal Fabien

Publicado o 21/12/2019 18:53
Uns 78.000 fogares galegos permanecen sen luz  a causa do temporal Fabien

A primeira hora da noite, os datos de fogares galegos sen luz subira de 27.000 a uns 78.000 fogares, segundo diversas informacións.

Brigadas e operadores de rede eléctrica levan traballando na resolución de múltiples incidencias que afectan sobre todo na área da Coruña, a contorna de Pontedeume e na provincia de lugo ás localidades de Chantada e Sober.

Precisamente, na imaxe vemos a torre que partía este sábado no concello de Cospeito a causa do forte vento e as adversas condicions meteorolóxicas, e que provoca un dos cortes de luz na provincia de Lugo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí