Uns 18.700 opositores loitan por unha das 2.064 prazas ofertadas en Educación
Publicado o 22/06/2019 09:29
Esta mañá realízanse en Galicia os exames de oposición para mestres e profesores. Están inscritos algo máis de 18.700 opositores, que tiveron que presentarse ás nove da mañá diante do tribunal que se lles asignou nalgunha das sete cidades galegas.
A Consellería de Educación convocou 2.064 prazas en 36 especialidades. É a oferta máis alta dos últimos dez anos. Máis da metade das prazas, 1.110, son para profesores de Ensino Secundario. 770 para o corpo de mestres, 138 para profesores de Formación Profesional, 30 para Escolas de Idiomas e 16 para profesores de Música.
En toda España preséntanse algo máis de 185 mil opositores, que aspiran a conseguir algunha das 30.562 prazas.