CRTVG

Buscar

Uns 1.700 mariscadores comezan a campaña do berberecho na ría de Noia

Publicado o 10/09/2018 15:31

Uns 1.700 mariscadores comezaron esta mañá a campaña do berberecho na ría de Noia.

Comeza a campaña do berberecho en Noia e os 1.700 mariscadores volven ocupar as augas da ría entre a praia do Testal e o Freixo. A marea era boa e as mulleres tiraban do raño con ganas. 

A media mañá a maioría xa apañara os topes. Sobre todo de berberecho e xaponesa. Na ría tamén hai quen prefire ser cauto e pensa que o primeiro día non é para tirar conclusións.

O prezo que marque o berberecho na lonxa despexará dúbidas. O primeiro día do ano pasado o prezo máximo foi de 15 euros.

En Noia non se recorda unha campaña como a do ano pasado. A deste ano podería ser semellante.

A confraría facturou na campaña pasada un récord de case 20 millóns de euros e poxou 3.000 toneladas de bivalvos, 2.400 de berberecho.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2018