Uns 1.300 opositores examináronse en Silleda para acadar unha das 443 prazas do Sergas
Este domingo continuaron os exames de oposicións do Sergas. En Silleda examinábanse onte máis de 8.000 persoas, hoxe foron 1.300 nas categorías de médico, pediatras e odontólogos de atención primaria, e matronas. Ofertábanse 443 prazas.Foi a quenda dos médicos de familia. Ofertáronse 254 prazas. Tamén dos pediatras de atención primaria con 93, 7 prazas son de odontólogo de primaria. E a elas súmanse outras 89 para matronas...
As probas desenvolvéronse sen incidencias e cunha alta participación dos inscritos. Examináronse uns 1.300 opositores. A Consellería de Sanidade inisiste en que quere ofertar 3.500 prazas no 2020, se se elimina a taxa de reposición.
Este grupo de compañeiros de traballo examináronse na especialidade de médico de atención primaria, como é o caso de Xose e de Carlota.
Desde o colectivo de sanitarios din esperar que continúen estas convocatorias, que consideran necesarias para reducir a eventualidade do persoal e para dar máis calidade no servizo sanitario.