Unións Agrarias denuncia a difícil situación do sector lácteo galego
Publicado o 09/04/2021 13:22
O sindicato Unións Agrarias pide a intervención das administracións para obrigar as industrias a pagar un prezo xusto polo leite. Consideran inmoral que se neguen a subir nin un céntimo, aínda máis tendo en conta que durante a pandemia subiron os custos de produción dos gandeiros, mentres que, pola contra, medran os beneficios das empresas polo aumento do consumo de produtos lácteos coma queixos, iogures ou manteiga.