CRTVG

Buscar

Unións Agrarias acorda colaborar coa Xunta na lei de mobilidade de terras e no plan forestal

Publicado o 12/03/2021 16:24

O Secretario Xeral de Unións Agrarias lembra que a xente do agro gaña o 70 % dos traballadores da industria e moitos non dan chegado ao salario mínimo interprofesional. Sinala que o que periga non é o lobo ou o xabaril senón as explotacións.

Reclama que a remuda xeracional no agro non supoña renunciar a servizos públicos; un rural en condeicións para acoller empresas, non só gando. Foi moi duro coa industria do leite. Paga 4 céntimos menos en Galicia ca en Asturias e obriga asinar contratos falsos.

"Manden observadores a eses procesos de negociación fraudulentos onde os gandeiros só temos a oportunidade de asinar o que nos poñen diante. Fagamos observatorios públicos para establecer alarmas de que cando un prezo vai por baixo dun determinado nivel de custo, non só se está abusando dunh posición dominante senón que se están xerando alarmas alimentarias", dixo Roberto García.

Unións Agrarias apoia a lei de mobilidade de terras e di que a ameaza do agro non son as plantacións senón o abandono. O presidente da Xunta agradéceo e asegura que el cre nos sindicatos útiles para a diagnose e a resolución de problemas. 

"Creo nos sindicatos útiles. Sempre son partidario de chegar a acordos, porque soamente cos acordos podemos avanzar. E eu espero e desexo que fagamos cousas xuntos, que fagamos cousas xuntos e que as discrepancias se poñan ao final da orde do día porque se empezamos polas discrepancias non avanzamos un metro", asegura Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta critica que, cando o forestal galego precisa máis industria, o Goberno central faino quedar sen a única pasteira que ten, Ence.

Noticias web

12/03/2021