Unión de novos músicos de Galicia e Portugal malia o confinamento
Publicado o 11/06/2020 13:53
Os colexios e academias tiveron que pechar pola pandemia, pero non todos os alumnos deixaron de recibir clases.
Os do conservatorio profesional de música de Tui uníronse a outros do norte de Portugal para realizar este traballo de fin de curso en que cadaquén fixo a súa achega durante os días de confinamento. Unha vez mesturado, este é o resultado final, en que interpretan unha célebre composición de Rubén Blades.