CRTVG

Buscar

A praza do Obradoiro acolle unha chamada social a favor do Sáhara

Publicado o 28/07/2019 19:31

Ata a praza do Obradoiro desprazáronse hoxe os nenos saharauís que pasan os veráns en Galicia. Eles e as súas familias acolledoras concentráronse para concienciar das condicións en que seguen a vivir nos campamentos de refuxiados.

Esixiron a Marrocos que recoñeza o dereito deste pobo á libre autodeterminación e ao Goberno español que asuma a súa responsabilidade histórica. Membros da Delegación Saharauí para Galicia, organizadores do acto, leron un manifesto de apoio.

Noticias web

28/07/2019