CRTVG

Buscar

Unidas Podemos pídelle a Pedro Sánchez que non faga electoralismo con Cataluña

Publicado o 20/10/2019 14:59

A portavoz de Unidas Podemos, Irene Montero, participou esta mañá nun encontro con militantes e simpatizantes en Alacant. Insistiu en que a súa formación é a única que non está a facer electoralismo con Cataluña e que a solución está no diálogo, como base para rearticular a convivencia:

"Que mentres Pedro Sánchez ademais de ser o candidato do PSOE, sexa o presidente en funcións, deixe de facer electoralismo con Cataluña, deixe de facer promesas que despois non cumpre. E que deixe de seguir os pasos de Mariano Rajoy, tanto en Cataluña, buscando alquera cousa menos a solución do conflito, como na crise e na posible recesión económica que vén."

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019