CRTVG

Buscar

Unidas Podemos invoca o pacto de Goberno para reformar o mercado eléctrico

Publicado o 13/01/2021 16:17

A Comisión Nacional do Mercado e da Competencia estuda se toma medidas ante os incrementos significativos do prezo da luz rexistrados nos últimos días. Coincidindo con este anuncio, o megawat hora experimentou o seu primeiro descenso despois de 3 días consecutivos subindo: vale hoxe un 3% menos ca onte.

Unidas Podemos esixiulle ao seu socio de Goberno que aplique xa a reforma do mercado da enerxía asinada no pacto de coalición. A parte socialista do executivo admite que teñen enfoques distintos neste asunto e que en ningún caso está sobre a mesa a nacionalización das compañías eléctricas. José Luis Ábalos, ministro de Transportes, dixo que  "non, iso non está n axenda do Goberno".

Para Teresa Ribera, ministra para a Transición Ecolóxica, "podemos ter enfoques distintos con respecto a cales son as medidas máis adecuadas para seguir traballando nesa profundización, estabilización e predictibilidade das distintas alternativas".

Pero Pablo Echenique, voceiro de Unidas Podemos no Congreso, replica: "non creo que haxa enfoques distintos en tanto que hai un acordo asinado. O que pedimos é que se cumpra o acordo e que acabemos con estes beneficios caídos do ceo para as grandes eléctricas".

 

 

 

 

Noticias web

13/01/2021