CRTVG

Buscar

Unidas Podemos insiste en entrar no goberno pese a perda de poder territorial

Publicado o 29/05/2019 19:00

A perda de poder territorial de Podemos nas eleccións do domingo comeza a ter consecuencias internas. A dirección en Castela-A Mancha dimitiu en bloque. Pasou de formar parte do Goberno autonómico, onde ocupaba a vicepresidencia segunda a ser un partido extraparlamentario.

Pero desde Podemos quere desvincular os seus malos resultados en concellos e autonomías da negociación para a investidura de Pedro Sánchez.

"A investidura practícase cos deputados e deputadas desde o Congreso, non se vota desde as alcaldías nin desde as autonomías. Soamente ten dúas alternativas, un goberno con Ciudadanos ou un goberno con Unidas Podemos. Tócalle elixir a el", di Yolanda Díaz, deputada de Unidas Podemos no Congreso.

Era a réplica ás palabras de Sánchez, quen horas antes desde Bruxelas lle advertira a Pablo Iglesias que se mantiña na idea de gobernar en solitario, con máis convicción aínda tras os resultados electorais do domingo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/05/2019