CRTVG

Buscar

Podemos desoe as presións internas e insiste na coalición

Publicado o 29/07/2019 20:59

Unidas Podemos desoe as voces internas que lle piden que negocie un acordo programático co PSOE sen entrar no Goberno. Pablo Echenique di que esa vía xa se ensaiou tras a moción de censura e non funcionou. Desde o PSOE insisten en que toca explorar novas vías e cren que hai espazos de acordo con outras forzas.

Anticapitalistas, unha das correntes internas de Podemos, únese a izquierda Unida e pide negociar un acordo programático co PSOE e seguir na oposición o resto da lexislatura. O secretario de Acción Política de Podemos, Pablo Echenique, responde que iso xa se fixo tras a moción de censura, en referencia ao acordo presupostario que asinaron Sánchez e Iglesias.

Pablo Echenique, secretario de Acción Política de Unidas Podemos, di que "probamos cal é o grao de cumprimento que se da a un compromiso programático nun goberno en solitario, e non foi bo o ensaio".

Echenique pídelle aos socialistas que volvan á mesa e que o fagan pronto para evitar repetir, di, o bochorno dunha negociación de 3 días. No PSOE din que aprioridade absoluta é evitar a repetición electoral e insisten en explorar espazos de acordo con todas as forzas.

Cristina Narbona, presidenta do PSOE, di que "cremos que eses espazos existen porque estamos seguros de que todos os partidos políticos comparten preocupación por esta situación de interinidade".

Os sindicatos UXT e Comisións Obreiras sumáronse ás voces que urxen a PSOE e Podemos a retomar as negociacións. Eles xa o fixeron cos empresarios porque din que o retos de España non poden agardar a que os polítcos saian do bloqueo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/07/2019