CRTVG

Buscar

Unidas Podemos comeza setembro inmerso en dúas causas xudiciais

Publicado o 12/08/2020 14:31

O particular viacrucis xudicial de Podemos comezará o 2 de setembro coa reactivación do caso Dina, que investiga o roubo do móbil a unha colaboradora de Pablo Iglesias.

O xuíz da Audiencia Nacional citou en calidade de testemuña a José Manuel Calvente , ex-coordinador da equipa legal de Podemos, que cuestionou a estratexia xurídica da formación morada en que se acusaban do roubo e da filtración ás 'cloacas do Estado'.

Calvente tamén será protagonista na causa aberta por presunto financiamento ilegal, xa que foi o ex-avogado de Podemos quen denunciou a existencia dunha caixa B na formación e sobresoldos non xustificados.

Nas últimas semanas, o Tribunal de Contas e o servizo de prevención de branqueo de capitais tamén denunciaron irregularidades na contabilidade electoral de Podemos.

Os informes que manexan sinalan que existen preto de medio millón de euros que non están debidamente xustificados, entre eles os máis de 363.000 euros que Podemos pagou a Neurona Consulting, unha axencia de comunicación contratada para as eleccións xerais do 2019.

Noticias web

12/08/2020