CRTVG

Buscar

Unidas Podemos chama ao PSOE a retomar as negociacións onde as deixaron

Publicado o 20/08/2019 10:11

• A formación de Pablo Iglesias insiste en acordar un Goberno de coalición

Unidas Podemos chama ao PSOE a retomar as negociacións onde as deixaron

Unidas Podemos enviou este martes ao PSOE un documento con propostas programáticas e de competecias co obxectivo de retomar a negociación e acordar un Goberno de coalición. O documento, sinalan desde a formación morada, contempla catro opcións distintas.

Nunha nota de prensa explican que se inclúe "unha proposta integral de medidas programáticas, distribución de responsabilidades e competencias de carácter flexible", que, engaden, "parte do puno de achegamento ao que chegaran Unidas Podemos e PSOE xusto antes da investidura de xullo". 

Segundo indican, a proposta programática está baseada na segunda versión do documento 'España Avanza' que o PSOE fixo público o pasado mes de xullo e no Acordo Presupuestario para 2019 que Unidas Podemos e o PSOE asinaron o pasado outono.