CRTVG

Buscar

O PSOE considera inviable a proposta de Podemos para negociar a coalición

Publicado o 20/08/2019 21:17

A pouco máis dun mes para que remate o prazo, Unidas Podemos move ficha. Pídenlle ao PSOE poñer o reloxio da negociación no punto no que estaba o 25 de xullo, cando os socialistas si estaban de acordo en negociar unha coalición. No seu documento, os de Pablo Iglesias propoñen unha batería de medidas baseadas no acrodo presupostario asinado no seu día entre os dous líderes. E ofrecen catro fórmulas de participación no executivo, todas elas cunha vicepresidencia de dereitos sociais e 3 ministerios con distintas combinacións.

Alberto Garzón, coordinador xeral de Izquierda Unida , cre que "é unha proposta lexítima, válida, razoable para chegar a un acordo o antes posible. Non hai que esgotar os tempos. Instamos ao Partido Socialista a que abandone toda tentación de ir a unhas segundas eleccións que lle darían unha segunda oportunidade á dereita reaccionaria"

Pero o PSOE xa rexeitou a proposta. Cren que a investidura fallida evidenciou que a coalición é inviable e invitan a Unidas Podemos a atopar outras fórmulas para ter un goberno progresista. De feito, ven con bos ollos a parte programática da proposta, aínda que lamentan que os de Iglesias non se movesen das súas pretensions iniciais. A pesar do novo movemento, o PSOE insiste en que dedicará o que queda de agosto a falar con asociacións civís antes de retomar o diálogo cos partidos, un diálogo para o que aínda non hai data.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí