CRTVG

Buscar

Unicef recolle testemuños contra a explotación infantil

Publicado o 13/06/2018 15:36

Onte presentabámoslles a nova campaña de Unicef contra a explotación infantil e hoxe quixemos ir un pouco máis lonxe. Convidámolos a que escoiten con nós uns duros testemuños. Os dos nenos e nenas obrigados a traballar forzosamente. Cativos sometidos a abusos de todo tipo, que nos contan o seu día a día.

Hadiza, 15 anos, Níxer. Ao igual ca ela nese país 3 de cada 5 nenos e nenas están traballando nun ambiente hostil.

Levámolos agora ata un asentamento do Líbano. Neste cuarto viven cinco familias. Entre eles dous irmáns de 12 e 14 anos, fuxiron de Siria en busca dunha vida mellor.

A República do Congo é o país que máis diamantes produce. Moita da man de obra son nenos e nenas como Kalala.

Kalala conseguiu saír dese calvario. Entrou nun programa de Unicef. Céntranse nas empresas, gobernos e comunidades para evitar que os nenos traballen. E para que entendan que os ativos deben ir ao colexio. Como Halima. Ten 10 anos. Sufriu recollendo cacao no campo. Pero agora estuda. Quere ser mestra. E coma ela milleiros de rapaces desexan ir á escola, rir, xogar,.. Tan só vivir como nenos e nenas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018