CRTVG

Buscar

Unicef precisa 5.300 millóns de euros, é a maior petición de axuda da súa historia

Publicado o 04/12/2020 11:03
Unicef precisa 5.300 millóns de euros, é a maior petición de axuda da súa historia

Unicef fai un chamamento. Precisan máis fondos ca nunca. As crises humanitarias fixéronse máis graves a causa do coronavirus. Precisan 5.300 millóns de euros para dar auxilio durante 2021 a máis de 190 millóns de nenos no mundo.

É a maior petición de axuda da súa historia, supón un incremento do 35 % con respecto aos fondos do ano pasado. Boa parte dos seus recursos irán destinados á distribución e suministro da vacina conta a covid-19.

 

Noticias web

04/12/2020