CRTVG

Buscar

Unicef celebra hoxe o día do lavado das mans, un xesto que salva vidas

Publicado o 15/10/2020 14:17

O simple xesto de lavar as mans converteuse nun dos piares da loita contra a pandemia. Unicef celebra hoxe o Día Mundial do Lavado das Mans para lembrar que ademais do coronavirus hai outras moitas enfermidades que se poden evitar cun pouco de auga e xabón.

O lavado das mans é unha das recomendacions máis repetidas desde que o coronavirus irrompeu na vida de millóns de persoas.

Un xesto simple ao que non se lle daba excesiva relevancia. Pero o acceso á auga e o xabón non é doado nalgúns lugares do mundo, onde o coronavirus é unha enfermidade máis.

Unicef celebra hoxe o día do lavado das mans, unha campaña mundial que se desenvolve de maneira específica en cada un dos países en que están presente.

Todo coa finalidade de concienciar a poboación que lavar as mans salva vidas.


 

Noticias web

15/10/2020