CRTVG

Buscar

Unicaja prepara a fusión con Liberbank

Publicado o 05/10/2020 11:15

Unicaja e Liberbank volven a restablecer negociacións para intentar chegar a un acordo de fusión. Parece ser que estes novos achegamentos se iniciaron xa a mediados do mes pasado de setembro, aínda que se trata, polo momento, de conversas informais.

Agora, as dúas entidades financeiras teñen pensado convocar os seus consellos de administración para poñer en marcha as negociacións oficiais. De feito, algunhas fontes falan dunha aceleración do proceso e de que esta mesma semana poderán autorizar os seus executivos para o inicio das conversas formais. A primeira medida sería analizar a situación real das dúas entidades despois da pandemia e pechar a chamada ecuación de troco.

Unicaja ten un valor de mercado de máis de 1.000 millóns de euros, mentres que Liberbank está valorado en preto de 700 millóns. A súa fusión suporía a creación do sétimo banco máis grande de España.

 

Noticias web

05/10/2020