CRTVG

Buscar

Breogán-Fuenlabrada na estrea de Tito Díaz; Unicaja-Obradoiro, sen Kostas

Publicado o 22/03/2019 18:19

Baloncesto. Unicaja-Obradoiro e Breogán-Fuenlabrada. Estréase Tito Díaz. Nada que ver a súa traxectoria coa de Moncho Fernández. Tito Díaz xogou como profesional na ACB pero nunca se adestrou ata este domingo. Moncho Fernández nunca xogou, pero leva douscentos setenta e tres partidos dirixindo na Liga ACB. O sexto con máis partidos dos que están nestes momentos na categoría. Un licenciado en Matemáticas e un licenciado en Xeografía e Historia á fronte dos equipos galegos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/03/2019