Unhas pitas soltas xeran a discordia nunha aldea de Coles
Publicado o 21/10/2021 14:24
É abrirlles a porta do galiñeiro e as pitas da discordia saen ansiosas á procura de miñocas polo campo de Pol. A súa dona sóltaas pola aldea, un chisquiño cada día, di.
Por iso lle estrañou moito cando soubo da existencia desta carta. Chegoulle ao Concello de Coles para pedir que obriguen a esta veciña a ter sempre as galiñas no poleiro.
Os veciños de Pol non dan creto con esta polémica. Non pensa o mesmo o matrimonio afectado polas galiñas.
Cada parte segue na súa, semella que aínda virán máis capítulos desta enleada rural.