Unhas 4.000 persoas de 50 a 55 anos completaron este sábado a pauta de vacinación na Cidade da Cultura
Tina chegaba esta mañá de Outes ata a Cidade da Cultura, en Santiago, para recibir a segunda dose da vacina. Aseguraba estar moi satisfeita de ter completa a pauta de vacinación. Traballaba nun hotel nas Illas Canarias e está á espera de poder regresar.
"Nós estamos en Fuerteventura, estamos en ERTE e cando se puido viaxar viñemos para aquí para polo menos estar coa familia, ata que nos volvan chamar para traballar".
Outras 4.000 persoas de entre 50 e 55 anos recibían hoxe no Gaiás esa segunda dose do preparado de Moderna.
Diego Mosteiro, coordinador do dispositivo de vacinación na Cidade da Cultura:
"A participación é moi alta, temos habilitados uns 17 postos de administración de vacinas, que hoxe son suficientes para facer fronte a esta capacidade de citados".
E tras completaren a pauta, moitos aseguraban que segurirán a ter prudencia en canto ás relacións sociais e ao uso da máscara.
"Vou esperar un pouquiño, polo menos ata que pasen os quince días para que a miña vacina estea facendo efecto"
"Eu a verdade tampouco lle tiña moito pánico á cousa pero un pouco máis tranquilo si"
Algúns tampouco teñen moi claro se van viaxar aínda este verán.
"Tampouco nin ir a grandes viaxes porque ao mellor píllate a cousa e nin podes dar volta"
"O verán un pouco máis relaxado pero non temos pensado viaxar mentres non esteamos todos vacinados na casa"
E mentres agardaban os quince minutos tras a vacina, algúns aproveitaban para deixar nun espazo habilitado para iso unha mensaxe de apoio e de gratitude aos sanitarios que co seu esforzo fan posible que a situación estea a mellorar.