CRTVG

Buscar

Unhas 30.000 persoas en Galicia consomen cigarro electrónico

Publicado o 04/09/2019 17:58

Unhas 30.000 persoas en Galicia son vapeadoras, ou o que é o mesmo, consomen cigarro electrónico, segundo datos da patronal do sector. A Unión de Promotores e Empresarios do Vapeo defende o que considera unha terapia de substitución, unha ferramenta para deixar a adicción, ao igual que a metadona no caso da heroína.

Un argumentario que rebaten categoricamente na Unidade de Tabaquismo da Universidade de Santiago. Nos últimos tempos, din que comprobaron que o cigarro electrónico non só non axuda senón que mesmo pode ser a porta de entrada ao tabaco clásico.

Refírense especificamente á xente máis nova. Nos maiores ex-fumadores detectan mesmo recaídas que atribúen ao cigarro electrónico. A este risco engaden que non se coñecen aínda ben os efectos que pode ter na saúde este hábito.

Arredor de 600.000 persoas son usuarias do cigarro electrónico en España, onde hai 650 tendas comercializadoras. 24 delas están en Galicia.
 

Noticias web

04/09/2019