CRTVG

Buscar

Débedas millonarias aos gandeiros por parte dos primeiros compradores do leite

Publicado o 19/06/2019 19:47

Uns 200 gandeiros están pendentes de cobrar uns 4 millóns de euros por parte dos primeiros compradores, os intermediarios ente os produtores e as industrias transformadoras, segundo datos de Unións Agrarias. Os afectados sinalan que o impago destas débedas fan que atravesen unha difícil situación económica. 

Manuel Cernadas é un dos 200 gandeiros afectados polos impagos por parte dos primeiros compradores, os intermediarios entre os produtores e as industrias lácteas. No seu caso, adebédanlle preto de 7.000 euros correspondentes a dous meses en que lle recolleron o leite pero non llo pagaron.

Coma Manuel, outros gandeiros están na mesma situación debido aos impagos por parte da mesma empresa compradora, que almacena o leite no polígono de Rábade para abastecer as industrias transformadoras.

Segundo datos de Unións Agrarias, no conxunto de Galicia a débeda dos intermediarios aos gandeiros ascende aos 4 millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019