Unhas 2.400 persoas recibiron este sábado no Gaiás a segunda dose de AstraZeneca ou de Pfizer
Teñen menos de 60 anos e recibiron hai uns tres meses a primeira dose de AstraZeneca. Este sábado tiveron que entregar un consentimento informado elixindo como segunda dose a de AstraZeneca ou a de Pfizer.
Na cola máis longa, os que elixiron repetir con AstraZeneca. Noutra, moito menor, os que preferiron Pfizer.
Para que no haxa ningún erro, os equipos de carga e adminstración dunha e doutra vacina estaban separados e ben diferenciados. A estimación feita pola equipo de vacinación era dun 90% de segunda dose de AstraZeneca e un 10% de Pfizer...
Algúns dos vacinados queixábanse de ter que ser eles os que deciden que vacina poñer, entre eles Carlos, que foi un dos poucos que elixiu Pfizer.
O domingo continúa a administración de segundas doses. Nesta ocasión, no Gaiás, serán da vacina de Moderna.