CRTVG

Buscar

Unhas 2.000 persoas tiveron que ser evacuadas por mor da erupción

Publicado o 19/09/2021 21:53

Cinco concellos permanecen en alerta debido á erupción en Cumbre Vieja, na Palma. Manter a salvo a poboación é a prioridade máxima dos efectivos de emerxencias. Os municipios afectados directamente son El Paso e Los Llanos de Aridane. Tras a primeira erupción os veciños máis próximos da zona das Manchas tiveron que saír a toda présa.

O volcán afectou algunhas casas no asentamento de El Paraíso pero por sorte cando o lume chegou ás vivendas estaban baleiras. Unhas 2.000 persoas foron desaloxadas das localidades máis afectadas e tamén, de xeito preventivo, da costa, cara a onde se dirixen os ríos de lava a máis de mil graos de temperatura.

O Cabido habilitou varios albergues para as persoas que necesitan aloxamento. A este campo de fútbol de El Paso foron chegando veciños durante toda a tarde. O aeroporto da Palma estivo operativo aínda que houbo algún atraso nos voos durante a tarde.

Noticias web

19/09/2021