CRTVG

Buscar

Afluencia de xente na fin de semana de estrea da estación de esquí de Manzaneda

Publicado o 13/01/2018 21:10

E a outra cara da neve, máis agradable e de lecer é esta: a da primeira fin de semana de esquí desta temporada en Manzaneda. Moitos devecían xa por sentila debaixo dos pés.A estación superou a ocupación do 85% con todas as opcións dispoñibles para gozar dos deportes de inverno. Máis de 14 quilómetros de neve en pó para unhas 1.500 persoas.

Aínda que non todo é deporte nas zonas ás que chegou a neve porque moitos gozan dela só con vela, ou arrebolándose nela. É o caso dos que se achegaron ao Cebreiro.Para mañá as previsións meteorolóxicas, e tamén de lecer, son as mesmas: unha xornada completa na friaxe da montaña, pero por gusto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2018