Unha xuíza do Barco abre dilixencias polo vagón que rematou no río Sil
Publicado o 26/08/2020 12:32

Unha xuíza abriu dilixencias para determinar se houbo delito no caso do vagón de tren que rematou no río Sil. A Fiscalía de Ourense xa abrira unha investigación de oficio e agora tamén unha xuíza do Barco de Valdeorras abriu dilixencias previas para esclarecer o suceso e determinar a súa relevancia penal.
Tanto a Xunta como a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil propuxeran sancionar o Adif. A versión de Fomento é que o vagón caeu accidentalmente cando se intentaba retirar da vía, despois de que descarrilara o tren de mercadorías.