CRTVG

Buscar

Unha xuíza de Ceuta rexeita suspender a devolución de menores a Marruecos

Publicado o 16/08/2021 08:52
Unha xuíza de Ceuta rexeita suspender a devolución de menores a Marruecos

En Ceuta seguen as repatriacións de menores a Marrocos despois de que unha xuíza rexeitara suspender as entregas Solicitaran esa suspensión a Fiscalía e unha ONG, ata que constara o procedemento para ás repatricións. Pero a xuíza descartouno. As devolucións levan facéndose dende o venres. O último grupo foron sete menores que levaban en Ceuta dende maio. As ONGS denuncian que se están vulnerando os dereitos dos rapaces, por exemplo o de recibir asistencia letrada. Algo que negan dende a Delegación do Goberno e a cidade autónoma. Din que as entregas se están realizando coas máximas garantías.

Noticias web

16/08/2021