CRTVG

Buscar

Procesan altos cargos do 'Govern' polo 1-O

Publicado o 09/04/2019 20:22

Entre os procesados están os secretarios xerais da Presidencia e de Comunicación da Generalitat, os directores de TV3 e Catalunya Radio e varios empresarios. En total, 30 persoas que supostamente contribuíron á celebración do referendo ilegal do 1 de outubro. A xuíza atribúelles delitos de malversación, prevaricación, desobediencia e falsidade documental, pero en ningún caso o de sedición.

Considera que traballaban nun plan común deseñado polo Goberno catalán para burlar a lei e celebrar o referendo, como paso previo á declaración da independencia de Cataluña. E subliña que para conseguilo se utilizaron fondos públicos. Algo que o presidente da Generalitat negou este martes nunha declaración institucional tras coñecer o auto da xuíza.

Quim Torra, presidente da Generalitat: "A Generalitat non estivo implicada orzamentariamente nin de ningunha outra maneira para a organización do referendo do 1 de outubro".

Para os procesados por malversación, 17, a xuíza fixa unha fianza de cinco millóns oitocentos mil euros, a cantidade que supostamente se gastou na celebración do referendo ilegal.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/04/2019