CRTVG

Buscar

Unha xuíza paraliza durante 72 horas a repatriación de menores a Marrocos

Publicado o 17/08/2021 08:57

Unha xuíza de Ceuta paralizou cautelarmente a repratriación de menores estranxeiros non acompañados que está a efectuar o Goberno.

Cinco rapaces que ían ser devoltos a Marrocos volveron ao polideportivo ceutí en que están despois de solicitar o habeas corpus para evitar a repatriación.

A xuíza rexeitou aplicar esa figura xurídica, porque non se trata de persoas detidas, pero si acordou parar 72 horas as repatriacións dos menores.

A decisión estivo precedida dunha orde do Xulgado Contencioso-Administrativo que tamén paralizou o traslado doutros nove menores marroquís ao seu país.

Mentres, distintas asociacións que defenden os dereitos dos inmigrantes, seguen a advertir de que as devolucións de entre 45 e 60 nenos realizadas desde o día 13 son ilegais.

Noticias web

17/08/2021