CRTVG

Buscar

Falece tiroteada unha xornalista "nun incidente terrorista" en Irlanda do Norte

Publicado o 19/04/2019 20:19

A policía investiga como un "incidente terrorista" a morte dunha xornalista nuns disturbios en Irlanda do Norte. A reporteira, de 29 anos, recibiu varios disparos mentras traballaba cubrindo os ataques de disidentes republicanos ás forzas da orde en Londonderry. A policía atribúelle o crime ao novo IRA, unha escisión da antiga banda armada contraria aos acordos de paz que puxeron fin a décadas de violencia no Ulster. Cre que o ataque á xornalista formou parte dun complot orquestrado e que non foi un accidente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/04/2019