CRTVG

Buscar

Unha xoiería de Viveiro vende máscaras de deseño transpirables e lavables

Publicado o 23/05/2020 21:20


Son máis elásticas e transpirables que as hixiénicas e desde logo non pasan desapercibidas. Nesta xoiería de Viveiro apostaron por un estilo de máscaras máis atrevido que ademais teñen a vantaxe de que se poden lavar e reutilizar.

Son deseño dunha fábrica italiana de reloxos que trasladou o estampado dun complemento para adaptalo a outro. Tal foi o éxito que tiveron estas máscaras que deseguida quedaron sen elas.

Quen xa as probou asegura que son máis cómodas de levar que as hixiénicas e desde logo máis atractivas. Costan preto de vinte euros, e aguantan ata cincuenta lavados.
Se quere facerse con unha, saiba que hai lista de espera.

Noticias web

23/05/2020