CRTVG

Buscar

Unha xogadora do Santiago Futsal está en estado crítico tras ser atropelada

Publicado o 11/01/2017 20:30

O accidente aconteceu nun paso de peóns da avenida de Vilagarcía, en Santiago, na entrada do barrio de Conxo

Esta é Itzel Cruz, a xogadora mexicana do Santiago Futsal que foi atropelada o domingo á tarde. O club fixo unha declaración en que afirma estar conmocionado e en que lle transmite todo o apoio á familia. A situación é grave.

"Itzel segue en estado crítico. O accidente foi grave e a situación é complicada. Superou unha operación a vida ou morte. A zona máis afectada é a dos pulmóns", comenta Miguel Fernández, director xeral do club.

A policía investiga o ocorrido. Parece que non foi un problema de velocidade. O condutor supera os 75 anos. O coche viña dunha rúa paralela e os axentes analizan varias posibilidades: un cegamento polo sol ou unha equivocación que o fixo acelerar en vez de frear. A muller estuda en Santiago un máster.

Itzel Cruz permanece na UCI do Hospital Clínico de Santiago. A muller quedou atrapada nas rodas traseiras do coche e os viandantes tiraron dela nun afán de socorro que incumpre as recomendacións básicas de primeiros auxilios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017