CRTVG

Buscar

Unha voda ficticia en Ribadavia fai de escaparate para noivos que planean casar

Publicado o 31/03/2019 22:02

Para coñecer de primeira man todos os detalles dunha voda, hai que casarse, pero mentres se prepara o evento, nada mellor que vivir a cerimonia, dende primeira fila, e 'Entre veos e viñas', para poder deseñar e escoller cada pormenor da que podería ser a nosa.

Leonisa Gallardo, responsable de Novias Sol: "Todo máis preto da xente, entón é un showroom onde mostramos as creacións, faremos unha cerimonia onde ensinaremos os nosos deseños. E que se sintan como na súa casa, que é o que tratamos de recrear agora mesmo aquí, de ver as creacións e estar máis preto da xente, que te coñezan mellor".

Falan os asistentes ao evento: "Ensínanche moitas cousas, sobre todo para aquelas parellas pois que non saben por onde tirar e vante guiando, porque son moitas cousas e ao mellor pensas que tes todo controlado e non! Entre o picadiscos, o salón de peiteados, toucados, flores... Moita cousa".

Por terceiro ano, o complexo hosteleiro e vitivinícola Casal de Armán e a firma Novias Sol organizan unha xornada en que familiares, convidados e os noivos se meten no papel que tomarán nun futuro non moi lonxe destas viñas, na súa propia voda.

Noticias web

31/03/2019