Unha voda con 7.000 convidados en Nova York, imposible manter distancia
Publicado o 24/11/2020 15:26
Cantando, dando chimpos, sen distancia nin máscara celebraron unha voda xudía en Nova York. Pretendía ser un segredo para saltar os controis das autoridades. E de feito foino durante semanas, xa que a cerimonia foi a comezos de novembro e as imaxes non saíron á luz ata agora.
Casaba o neto dun importante rabino e o enlace reuniu 7.000 persoas, todas convidadas a través do boca a boca para evitar os controis. O gobernador de Nova York dixo que o enlace supuña un desprezo á lei e anunciou unha investigación.
Os membros da comunidade xudía desconfían das vacinas e das medidas de seguridade para o control do coronavirus. Logo de filtrarse estes vídeos, a polémica xa está servida.