CRTVG

Buscar

Unha vitoria para a tranquilidade

Publicado o 01/11/2020 09:33

O Celta recibe a Real Sociedade (ás 16:00 h) coa necesidade de gañar diante dun rival que encadea tres triunfos consecutivos

Unha vitoria para a tranquilidade

Pouco se falou de fútbol no final da semana e demasiado de aspectos extradeportivos. O Celta precisa centrarse no eido deportivo e acadar unha vitoria que poña tranquilidade dentro do club logo do acontecido entre Óscar García, adestrador, e Hugo Mallo, capitán ata esta semana. 

Cando menos o luns pasado diante do Levante rachou a serie de partidos sen marcar e logrou un empate que os pode impulsar antes de recibir o equipo máis en forma da liga. Así o demostran os seus últimos resultados. Tres triunfos sen deixar lugar a dúbidas diante do Xetafe, o Betis e o Huesca, con dez goles a favor e só un en contra. 

Óscar citou 24 futbolistas (5 do filial) e recupera dous xogadores chamados a ser importantes na temporada, como Rubén Blanco e Aidoo.