Unha vítima do atentado de Barcelona: "O meu fillo de catro anos viu morrer o seu pai"
Publicado o 04/12/2020 11:10
Nova xornada do xuízo polos atentados de Barcelona. Entre as testemuñas escoitamos a muller dun falecido italiano. Ela quedou ferida.
O matrimonio paseaba polas Ramblas con dous fillos. Un deles, de catro anos. O pequeno viu morrer o seu pai. Non o esquece e, desde entón, segundo explicou Martina Sacchi, os dous teñen secuelas e precisan de axuda psicolóxica. Ela non soporta o ruído das ambulancias e el, dixo, odia os musulmáns.